de la República Argentina
Enterro das cinzas mortais de Rodolfo Prada
O domingo 3 de novembro en Ourense tivo lugar o enterro das cinzas mortais de Rodolfo Prada Chamochín, e da súa dona Manuela Fraga.
Prada galeguista dos Peares (Ourense), foi «o home de Castelao en Bos Aires», en palabras do escritor Luis González Tosar.
Rodolfo Prada xestionou persoalmente a acollida de Castealo en Bos Aires, axudoulle a acadar o visado para poder entrar nunha Arxentina a que chegaría sen recursos económicos. Tamén traballou con el nunha estrutura institucional de Galicia no exilio. E converteu a Castelao nun símbolo coidando moito de que o seu legado fose gardado e transferido. Amáis, Prada tivo un papel clave nas relacións cos vascos e cataláns e na configuración da asociación Galeuzca, que sería o xerme do apoio posterior das outras nacionalidades para a creación da autonomía galega.