de la República Argentina
A Federación presente na toma de posesión da presidenta do Consello da Cultura Galega
A nosa secretaria, Lorena Lores, estivo en Compostela por mor da segunda, e última, toma de posesión de Rosario Álvarez como presidenta do Consello da Cultura Galega.
Rosario Álvarez tomou posesión este luns, 11 de xullo, por segundo mandato consecutivo, da Presidencia do Consello da Cultura Galega, cun discurso no que, máis aló dos agradecementos, defendeu que seguirá comprometida neste período coa “independencia e obxectividade” da institución á marxe de discrepancias ou a “esporádica falta de coincidencia co punto de vista e intereses da instancia do goberno correspondente”.
O acto foi presidido polo presidente de honra D. Alfonso Rueda Velenzuela, presidente da Xunta de Galicia.
O secretario da institución, Silvestre Gómez, foi o encargado de ler a acta e o decreto 122/2022, do 30 de xuño, de nomeamento da presidenta. Rosario Álvarez compromete a súa “independencia e obxectividade” á fronte do Consello da Cultura e reclama máis fondos
Estiveron presentes, amais da secretaria da Federación de Asociaciones Gallegas da República Arxentina, Lorena Lores, coa asistencia de numerosas personalidades como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e o de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño; o expresidente do Consello ou alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; a valedora do pobo, María Dolores Fernández Galiño; o expresidente do Consello ou alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; a valedora do pobo, María Dolores Fernández Galiño; o expresidente do Consello Galego dá Cultura, Ramón Villares; e representantes da comisión de cultura dos tres grupos parlamentarios.
Tras o acto de toma de posesión tivo lugar unha sesión plenaria ordinaria da nova comisión, con dous puntos na orde do día, un deles, precisamente, o nomeamento dos novos integrantes. Así, mantéñense no posto Xosé Manoel Núñez Seixas como vicepresidente, Silvestre Gómez Xurxo como secretario e Rebeca Blanco-Rotea como vogal. Ademais, tamén se incorpora como vogal Afasto Amoedo Portela, que estará á fronte do Arquivo Sonoro de Galicia.