de la República Argentina
Bo Nadal e Feliz Aninovo!
A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina despide o ano do noso centenario desexándovos un 2022 cheo de saúde.
Na tradición celta usábase o visgo (muérdago) para rituais no solsticio de inverno. Os druídas o consideraban sagrado porque dicían que non tocaba o chan, (crece nas polas doutras árbores, entre elas o carballo, o máis sagrado para os celtas). O acivro (acebo) é un arbusto perenne das zonas montañosas e chuviosas que representa o Nadal. Está protexido ao igual que a Pita de Monte, que ten nos seus froitos vermellos o seu único alimento no inverno. Ambos están en perigo de extinción.
Foron os romanos os que trocaron acivro por visgo para celebrar as saturnais, cuxo día máis importante era o nacemento de novo período de luz, o nacemento do Sol Invictus, o 25 de decembro. Todo elo continúa asociado, hoxe en día, na tradición cristiá do Nadal. As dúas plantas están presentes en América debido a migración das mesmas a través das persoas migrantes.
Desexamos que unha nova luz ilumine o ano 2022 deixando atrás os tempos escuros da pandemia, sexa cal sexa a túa tradición, e que a cultura galega amose a súa resilencia grazas as súas profundas raíces engarzadas no tempo que a levan máis aló da nai terra.