de la República Argentina
Bo Nadal, e un mellor Aninovo!
✨Poemiña para celebrar o Aninovo✨Agora que é Nadal e que o Aninovo
nos vai traguer unha luz sin estrenar,
chea de posibilidás e de futuro.
Agora, meus amigos, irmaos meus,
é a hora do amor e da concordia,
de poñer cada cousa no seu sitio,
de ollar a verdá con ollos limpios
i a razón de Galicia sin rodeos.
Agora é a hora da xusticia.
O intre de alcender
o lume dos ensoños
e de matar o odio
que, como unha serpe, nos roi o corazón.
✍ Manuel María e Saleta Goi (Nadal, 1969)
🌟Este ano felicitámosvos con este poema co que agasallaban polo Nadal o poeta lucense Manuel María, mais a súa compañeira Saleta, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Amais da tarxeta ilustrada coa pintura Cabalos alados (1991), da artista galega Ana Legido, coa que queremos representar o encontro da noite cun novo día, do ano que se vai co entrante con nova luz.
💫A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina quere desexar neste 2022 que remata un mellor ano novo no que todas e todos loitemos pola defensa dos dereitos e liberdades que herdamos dos nosos devanceiros.
🌠Feliz Saturnalia e boas festas do solsticio do inverno na Galiza, e do solsticio de verán na Arxentina.
Bo Nadal, e un mellor Aninovo!