de la República Argentina
Diego Martínez no 125 aniversario do nacemento de Ramón Suárez Picallo
O noso presidente Diego Martínez Duro, como parte do seu períplo institucional por Galiza, estivo de visita en Sada de invitado no “125 aniversario do nacemento de Ramón Suárez Picallo” (1892-1964). O acto tivo lugar na Capela de San Roque o 21 de outubro e foi organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo co seu presidente Francisco Pita ao fronte. Suárez Picallo, político e xornalista sadense, foi fundador desta Federación, amáis do Partido Galeguista, e morreu na cidade de Bos Aires onde estivo enterrado ata o traslado dos seus restos a súa terra natal en 2008.
Naceu na parroquia de Veloi, en Sada, como político republicano impulsou o Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Exiliouse na Arxentina trala Guerra Civil e tivo o cargo da cátedra de cultura galega do Centro Lucense de Bos Aires (hoxe Centro Galicia). Participou en Montevideo no Consello de Galicia, xunto con Castelao, Elpidio Villaverde e Antonio Alonso Ríos. Finou no sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires o 14 de decembro de 1964.