de la República Argentina
Galicia na “Feria del Libro de Buenos Aires”
Este ano 2022 Galicia participa na 46° edición da “Feria Internacional del Libro de Buenos Aires” no recinto de La Rural do xoves 28 de abril ao luns 16 de maio, logo de que as dúas edicións anteriores viranse canceladas pola pandemia da COVID-19. Nesta edición, volve a modalidade presencial con La Habana como cidade invitada de honor.
A Xunta de Galicia e a cultura galega feita en Galicia poderá estar presente explícitamente nesta edición da FIL de Bos Aires, con stand e cos seguintes creadores galegos:
- María Canosa: narradora e divulgadora da ciencia e diferentes medios de comunicación.
- Alba Cid: poeta. Premio Nacional de España de literatura/Modalidade poesía nova Miguel Hernández, 2020, pola súa obra Atlas.
- Laura Romero: ilustradora. Presidenta da Asociación Gallega de Profesionales de la Ilustración.
- Xesús Fraga: narrador e periodista. Premio Nacional de España, modalidade narrativa 2021, pola súa obra Virtudes (e misterios).
Actividade na Federación: Presentación do libro Virtudes (e misterios), conferencia de Xesús Fraga, Venres 29 de abril ás 19:30.
Trata o caso da súa familia emigrante (a Londres e a Venezuela), aínda que o autor ten escrito sobre a emigración a Arxentina.
Xesús Fraga aborda o fenómeno da emigración e tamén o seu tratamento literario. Ademais de que unha parte da familia de Xesús emigrou a Buenos Aires (e os seus descendentes seguen vivindo na cidade). Emigración, familia, desarraigamento, identidade, economía, cambio social, feminismo e literatura son algúns dos puntos clave para esta actividade.
Presenta Diego Martínez, presidente da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.