Higinio Martínez Estévez (1940-2021)


Foise a falar con Castelao e Rosalía o noso benquerido compañeiro Higinio Martíns (Higinio Martínez Estévez).


Higinio Martínez, como moitos de nós, tiña a Galiza na ialma. Naceu en Bos Aires, fillo de país galegos e viviu algúns anos na terra. A súa profesión era a de avogado e docente, mais todo o mundo da fala galaicoportuguésa o nomeaba polo seu coñecemento da lingua e os seus estudios filolóxicos. Dende fai anos impartía cursos da lingua galega, mitoloxía e historia dos pobos celtas do norte da península. O seu curso anual de galego-portugués tivo 44 edicións ata o pasado 2020, xa en modo virtual por mor da pandemia.
Foi parte dos tres primeiros congresos internacionais da Lingua Galego Portuguesa organizados por AGAL (Associaçom Galega da Língua), da cal era un prestixioso membro. Foi fundador da Academia Galega da Língua Portuguesa, e, asi mesmo foi impulsor da ADIGAL (Associaçom de Amigos do Idioma Galego), institución única na Arxentina. O profesor Higinio participaba como asiduo colaborador, dende os seus inicios, do programa radiofónico Galiza Emigrante, tanto na tertúlia como na súa columna de cultura galega.

Amigo, como poucos, intelectual dos que xa non quedan, loitador das causas xustas, galeguista e feminista de sempre. As súas amizades do Galiza Emigrante, da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, da ADIGAL, e a Galeguidade Universal choran a súa partida e irreparabel perda.
Facémoslle chegar a súa familia o noso agarimo e os acompañamos no seu loito.

Ata sempre compañeiro.

6 Replies to “Higinio Martínez Estévez (1940-2021)”

  1. Impressionado pela inesperada notícia do muito querido e admirado amigo Higino. Desde o Norte da Galiza, onde ele nos acompanhou em várias das suas viagens à Terra (entre outros lugares dos que ele tinha interesse em visitar, a Santo André de Teixido, ao nascimento do rio Minho, ao castro de Viladonga, às Fragas do rio Eume, às muralhas de Lugo…), uma mensagem carinhosa para os seus familiares e amigos da Argentina.

  2. Higínio Martins, dos bons e generosos. Tristeza na Terra. Esperança e sonhos na sua Paz.
    As suas obras ficam como luzes neste caminho.

  3. Lamento o seu passamento, mas confio em que voltaremos a encontrar-nos e conversarmos sem tempo bem medida. Acompanho a dor e dó da família e amigos.
    ACRESCENTO: foi fundador da Academia Galega da Língua Portuguesa, em cujo Boletim colaborou com artigos bem interessantes. DEP

  4. Desde Corunha, forte impressom polo passamento do amigo, longe mas perto sempre.
    José-Ma. Monterroso Devesa

  5. Una muy triste y dolorosa noticia para todos los que compartimos tan gratos momentos en su curso. Mis más sentido pésame a toda su familia y amigos.

  6. Buen día. Quisiera que me envíen información sobre talleres y actividades que realiza la institución.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.