Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán


O 17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxéase ao poeta, activista político e cultural Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, Ourense, 1903-Fair Oaks, Estados Unidos, 1987). Con el honramos a memoria dos exiliados e exiliadas republicanas, que, coma el, pasaron da Galiza ao exterior fuxindo da barbarie fascista mais espallando a loita e o amor pola terra e a cultura galega que pervive desta banda do Atlántico.

En 1930 Florencio Delgado Gurriarán comezaría a actividade política organizada por medio das Irmandades. Cando botou a andar a Irmandade Galeguista Valdeorresa,como representante de Córgomo. En 1931 enviara unha nota de adhesión á Asemblea Galeguista de Pontevedra,
na que xurdiría o Partido Galeguista (PG). Daquela xa tiña escrito poemas de sociolingüístics e políticos, e traballos en prosa anticaciquil e anticentralista e avogando por «unha Confederación Ibérica dentro da Confederación Europea». E desterrado, xunto a Castelao e Bóveda, tralos acontecementos de outubro de 1934 en Asturias.
Ata o golpe de Estado de 1936, publicacións galegas e bonaerenses recolleron poemas de FDG en defensa da lingua e a terra. Puido pasar A Raia por Tourém. De Porto, foi de polisón nun barco noruegués ata Bordeos, logo foi a París, ata que, a comezos de 1938, pasou a Barcelona. Alá alístase no Exército, na Subsecretaría de Armamento. Ao pouco, xa como tenente, entra no Servizo de Información Periférico, dependente do Estado Maior,
onde coñece a Guerra da Cal e a Líster, e se reencontra con Castelao, Santiago Álvarez e outros valdeorreses. No ámbito político, FDG entra na Executiva do Partido Galeguista,como Secretario de Propaganda.

Barco Ipanema

Finalmente, entre outras axudas, as SHC (Sociedades Hispanas Confederadas) financiaron o Ipanema, barco onde moitos galegos puideron recalar en Veracruz o día de San Fermín, con FDG entre os mil pasaxeiros.
Os galeguistas, no plano asociativo e político, crearon o Ateneo de Galicia, o Fogar Galego e a Irmandade Galeguista; no ámbito publicístico, puxeron en marcha o grupo Saudade (1942), coa edición de cinco exemplares da revista homónima, cunha nova incursión na poética de FDG: o emprego de verbas da lingua «náhuatl» en diálogo co galego (fusión?), o que el denominaría poesía «crioula» ou poemas mexicanos.
En 1943, cun fondo significado político, destaca a saída do prelo do Cancioneiro de loita galega, baixo a responsabilidade do PG e o coidado editorial de FDG. Un mollo de poemas homenaxeando os galeguistas asasinados pola barbarie franquista.


En 1946, FDG preséntase a un concurso de traducións de poemas ingleses e franceses ao galego, organizado pola Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Gaña o certame xunto a Luís Tobío e Plácido R. Castro, e van ver publicados os seus poemas en 1949 pola editorial Alborada.

Tamén no plano da unidade política significamos a constitución da Alianza Nazonal-Galega (1943) e o seu órgano de expresión Galicia. Nesta iniciativa estaban o PG e todos os partidos estatais con presenza en Galicia.
Con Xohán López Durá, FDG negociou, redactou e asinou o pacto Galeuzca (1944), en nome do PG, pouco antes de poñerse a trámite o Estatuto de Galicia nas Cortes españolas celebradas na Praza do Zócalo de México DF, en 1945. Salientamos o papel de FDG como figura integradora e unitaria dentro do corpo activo do exilio, sen perder a identidade galeguista, ao tempo de servir de ponte co interior. Neste sentido foi importante o seu interese para abrir as publicacións a colaboradores externos e para que fosen máis alá do ámbito literario, cunha teima especial pola pureza e a unificación lingüística. foi importante o seu interese para abrir as publicacións a colaboradores externos e para que fosen máis alá do ámbito literario, cunha teima especial pola pureza e a unificación lingüística.
Desde a súa forzada marcha, o primeiro traballo publicado en Galicia foi o poema «Bocarribeira valdeorresa», que aparece na revista Peña Trevinca-Montañeros de Galicia, en 1948. Nos anos cincuenta puxeron a andar o Padroado da Cultura Galega (1953). Unha entidade que xorde «co gallo d-afincar a irmandade dos galegos», e berce da revista Vieiros (1959), exemplo de edición, codirixida por FDG, entre outras iniciativas literarias e radiofónicas. Neste tempo, desde Guadalajara dirixe unha segunda andaina da revista Saudade e ten contacto directo cos galegos da capital: «Todos nós, de moi diversos matices políticos e sociais dentro do campo republicán; todos, liberais, ou marxistas, tiñamos un denominador común: o amor a Galicia, ao galego, e arelabamos a autodeterminación para o povo galego». Mais tamén ten relación epistolar con Francisco del Riego, quen o introduce nos tratados literarios que agroman daquela e os seus poemas recobran visibilidade en xornais e revistas galegas. Froito do contacto con Galaxia, edita o seu segundo poemario, Galicia infinda (1963). Como acontece en Galicia nese tempo, no galeguismo do exilio afloran desavinzas políticas e chegan as divisións. FDG avoga polos principios do PG e por celebrar as Letras Galegas no exilio. Segundo Elixio Rodríguez: «Florencio era un tipo moi especial no sentido de que todo o mundo o quería e non tiña roces con ninguén, ás veces enfadábase un pouco cos comunistas, porque os comunistas eran moi aborazados, tiñamos un proxecto de algo e os comunistas sempre querían a auga ao seu rego».

Daquela comeza a pensar no retorno ao país, logo de verse pechada a súa causa política en 1959. Sen agachar a cabeza, tres veces veu a Valdeorras: en 1968, 1976 e 1981. Para ver os seus maiores a primeira, logo de trinta e dous anos de exilio; a segunda para contemplar como era o escenario posfranquista e albiscar as posibilidades de revitalizar o vello PG, logo de visitar aquí os seus principais «axentes»; na última quixo contemplar a publicación compilada dos seus poemas de loita e combate, que xa tardaban; marchou para non volver, cunha doenza cardíaca. As cousas do destino: estivo hospitalizado na Residencia Francisco Franco. Polo medio, o seu correlixionario no tempo atrás, Xosé Gayoso, foi quen de introducilo na sociedade valdeorresa e galega como exiliado e poeta, coa axuda de Paz Andrade. Foi nomeado académico correspondente na RAG, pregoeiro na capital valdeorresa e membro de mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses. Publicou Cantarenas (1981) baixo o patrocinio do IEV e Isaac Díaz Pardo. Este último, foi tamén quen pulou por O soño do guieiro (1986), derradeira obra deste poeta valdeorrés, republicano e galeguista, non sen problemas de edición coa «censura». A súa «manda testamentaria» quedou plasmada no artigo que fixo para o Congreso de Castelao de 1986, ao que non puido concorrer. Faleceu en Fair Oaks (California) o 14 e maio de 1987.

(extraido da biografía publicada pola RAG de Ricardo Gurriarán )

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.