de la República Argentina
Etiqueta: colectividades
ENCONTRO DE COLECTIVIDADES NA DEFENSORÍA DO POBO (CABA)
No Día da Convivencia na Diversidade Cultural, a Defensora do Pobo da Cidade Autónoma de Buenos Aires, María Rosa Muiños encabezou un encontro con representantes de máis de 40 entidades que compartiron as súas experiencias durante a pandemia e realizaron propostas para unha axenda de traballo conxunta. A Federación, e mais Galicia, estiveron representadas polo noso presidente Diego Martínez nesta palestra da migración e as súas colectividades na capital Arxentina.